New Flinque AI now scores creator authenticity in real time across 4 platforms. See how
APATRIGAL (@apatrigal), Instagram profile photo
Verified on Instagram

APATRIGAL

Community
@apatrigal
Asociación para a defensa do Patrimonio Galego #Patrimonio #PatrimonioGalego #PatrimonioDeGalicia #PatrimonioCultural #apatrigal
  • Finance
  • Following 394
  • Followers 16.8K
  • Engagement 0.61%
  • Avg comments 1

About APATRIGAL

APATRIGAL (@apatrigal) is a Community creator on Instagram, also filed under Finance. The account has 16,785 followers and 6,626 published posts. Recent posts average 103 likes and 1 comment, an engagement rate of 0.61%.

With 16.8K followers, APATRIGAL is a micro creator by the common 10,000 to 100,000 definition. Set against 394 accounts followed, the audience works out to about 43 followers per account APATRIGAL follows. APATRIGAL uses an Instagram professional account. Flinque files APATRIGAL under Community, with Finance as a secondary category.

The Instagram bio for APATRIGAL runs to 12 words across 4 lines. The bio tags #Patrimonio, #PatrimonioGalego, #PatrimonioDeGalicia and #PatrimonioCultural. The latest activity Flinque has on record for APATRIGAL dates from June 2026.

Story Highlights

Unlocking shows the title and cover image of every story highlight this creator keeps pinned to the profile.

6,626 Posts

Of the 10 most recent posts shown for APATRIGAL, 7 are single images and 3 are carousels. That mix leans toward single images. With 6,626 posts published, APATRIGAL's archive runs well past the 2,000 mark. Against the audience, that is roughly 2.5 followers for each post published. APATRIGAL also keeps 3 story highlights on the profile. All 10 carry captions, averaging 220 words each. The captions are written mainly in Spanish. Words that recur across them include unha, galicia, máis, valor and deste.


A LOITA POLOS PENEDOS DE PASARELA E TRABA

Relación cronolóxica de vinte anos de loita pola salvación dos Penedos de Pasarela e Traba (2006-2026)

Ofrecemos unha crónica detallada das dúas décadas de mobilización social e institucional (2006-2026) para protexer os Penedos de Pasarela e Traba, un conxunto xeolóxico único en Galicia. O texto percorre a cronoloxía da loita contra proxectos de canteiras e parques eólicos, destacando fitos como a declaración de Paisaxe Protexida en 2009 e a recente aprobación do seu Plan de Xestión. A través de diversas iniciativas culturais, o SEMESCOM e outros colectivos lograron poñer en valor este “museo ao aire libre”, salvagardando as súas singulares formas graníticas e a súa riqueza literaria e lendaria para as xeracións futuras.

VER TODO:
*
COUSAS QUE NON DEBEMOS CONSINTIR

Entendemos que polo abandono rural e polo vandalismo haxa que poñer alarmas nas igrexas, e que haxa letreiros que avisen aos intrusos. PERO NON se poden colocar os letreiros en calquera lado, nun lugar privilexiado para desfrutar como patrimonio

CÁTEDRA DE PATRIMONIO

Lugo gaña peso cultural e universitario. A USC acaba de presentar unha nova cátedra especializada en xestión cultural e patrimonio, a primeira deste tipo no norte peninsular e unha aposta clara por poñer en valor todo o que fai única á cidade.

A idea? Non só conservar a historia, senón entender como o patrimonio pode xerar cultura, coñecemento, turismo e oportunidades. E ten sentido: poucos lugares mesturan como Lugo unha muralla romana, Camiño de Santiago, tradición e un evento como o Arde *Lucus.

A nova cátedra terá sede no campus lucense e quere converter a Lugo nun referente para estudar e protexer o patrimonio do futuro. Unha desas noticias que quizá non fan ruído hoxe, pero poden marcar moito o mañá da cidade
*
A GRANDE EPOPEIA MÍTICA DE GALICIA

Poucos territorios de Europa poden presumir dunha cadea de lendas tan extensa e fascinante como Galicia. A nosa historia mítica comeza na afastada Escitia, nas estepas de Eurasia, onde os antigos relatos irlandeses situaban a orixe dos devanceiros dos pobos gaélicos. Deles descenderían Nel e a princesa exipcia Scota, cuxo nome daría lugar, segundo a tradición, á palabra Scotia.

Tras xeracións de viaxes e aventuras aparecería Sru, despois Brath e finalmente Breogán, o gran rei que fundou Brigantia, identificada coa actual Coruña. Desde a súa poderosa torre, o seu fillo Ith contemplou unha terra verde no horizonte: Irlanda. A súa morte naquela illa provocaría a expedición dos descendentes de Míl Espáine, tamén chamado Golamh, que conquistaron Irlanda guiados polo poeta e druída Amergin. Así naceu a lenda que une para sempre Galicia e Irlanda a través do océano Atlántico.

Pero o relato galego non remata aí. Antes de Breogán, os autores clásicos contaban que Heracles chegara ao Fin da Terra para derrotar ao xigante Gerión. Sobre aquela vitoria ergueríase Brigantia, convertendo Galicia nun escenario da mitoloxía mediterránea. Séculos despois, outra tradición aseguraría que Teucro, heroe da Guerra de Troia, fundara Pontevedra, ligando as Rías Baixas coa épica homérica.

Coa chegada do cristianismo aparecen novas figuras lendarias. A raíña Lupa, poderosa señora das terras compostelás, recibiría os discípulos do Apóstolo Santiago. Preto de Fisterra, na cidade de Duio, desenvolvéronse episodios fundamentais da tradición xacobea. E durante a Alta Idade Media, personaxes históricos como Maeloc, bispo dos britanos asentados en Galicia, e Martiño de Dumio, grande organizador espiritual do reino suevo, reforzaron os vínculos da antiga Gallaecia co mundo atlántico.

Así, Galicia convértese nun territorio onde se entrelazan faraóns exipcios, guerreiros troianos, heroes gregos, reis celtas, druídas irlandeses, bispos britanos e peregrinos xacobeos. Unha terra situada no extremo occidental de Europa que, lonxe de ser unha periferia, foi imaxinada durante séculos como unha das portas entre o mundo coñecido e o descoñecido.

MAPA DO REINO DE GALICIA
Ano 1784

Este mapa foi creado polo cartógrafo español Tomás López de Vargas Machuca no ano 1784 e publicado póstumamente polos seus fillos dentro do “Atlas Xeográfico de España” de 1804.

O mapa representa o Reino de Galicia cos límites territoriais antes da reforma da administración provincial de Javier de Burgos en 1833.

O Reino de Galicia tiña costa ao norte e ao oeste, limitaba ao sur co Reino de Portugal e ao leste coa provincia de Valladolid, a provincia de León e o Principado de Asturias.

Neste mapa pódese apreciar como o reino estaba divido aínda nas súas sete provincias históricas:

Provincia de Ourense
Provincia de Lugo
Provincia de Mondoñedo
Provincia de Betanzos
Provincia da Coruña
Provincia de Santiago
Provincia de Tui

É importante recalcar que o Reino de Galicia era a unidade territorial equivalente ás provincias castelás, mentres que as provincias galegas correspondíanse máis aos partidos xudiciais das provincias castelás.

En calquera caso, a denominación de provincia non é único ao caso de Galicia, xa que tamén se atopa no caso da provincia de Liébana e a provincia do Vierzo.

Coa reforma administrativa, Galicia mantivo o status de rexión de España e pasou a estar composto de catro provincias: provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, provincia de Lugo e provincia de Ourense. Esta última ademais gañou parte do territorio que ata o ano 1833 pertencera ás provincias de León e Valladolid.

Pódese ler máis sobre Tomás López e o seu atlas neste artigo da newsletter: Tomás López e o primeiro atlas detallado de España (1804).
*
O ÚNICO RETABLO DE GALICIA DE ESTILO "MANUELINO"
Benito Pereira, en Vía Lethes

O estilo manuelino é un estilo artístico portugués que se desenvolveu no reinado de Manuel I de Portugal ).

A capela de Lantemil, dedicada á Anunciación, no municipio de Entrimo, é unha obra con retablo manuelino (unha variedade do gótico tardío) o que fai que o retablo desta capela sexa único non só na provincia de Ourense senón en Galicia (e con moi escasos exemplares en toda España). O máis importante é o seu retablo en madeira de nogueira e composto por dúas escenas que representan a Anunciación e a Visitación, completan o conxunto os catro evanxelistas, aínda que falta o evanxelista Santo Mateo.

O retablo foi restaurado no ano 1995, levando a dirección da restauración Carlos J. Alonso Arribas, licenciado en Belas Artes con especialidade en conservación e restauración de obras de arte. A restauración realizouna «Rearasa», especializada en retablos. O importei foi duns 6.000 € pagos polos veciños.
*
O CRUCEIRO MEDIEVAL DE NEDA
Ramón Loureiro, asociado de honra

Podería dicirse, e con razón, que o magnífico cruceiro medieval de Neda, que segundo os investigadores puido ser labrado a finais do século XIV ou a comezos do XV, non sempre estivo ubicado en San Nicolás —alí leva menos dun século— e que, primitivamente, se alzaba no enclavo coñecido como O Paraíso.

Pero sendo iso certo, igual de certo é que esa peza extraordinaria, que vén de saltar de novo á primeira liña da actualidade tras anunciar o Concello nedense o seu desexo de impulsar a súa restauración integral, está hoxe nun espazo de especial valor simbólico. Exactamente, onde conflúen o Camiño Inglés a Santiago (e, a través deste, o Camiño do Mar), o Camiño de San Andrés de Teixido, o Camiño do Bispo (que vén de Mondoñedo) e o propio Camiño de San Nicolás.

Unha circunstancia, esta, que neste século novo lle vén dar un valor simbólico aínda maior a unha peza que, coma o cruceiro de Melide, é todo un símbolo da historia de Galicia. Labrado no tempo no que os cabaleiros da Casa de Esquío señoreaban unha terras nas que o norte se fai máis norte aínda, o cruceiro de San Nicolás tamén é, en si mesmo, unha viaxe a través do tempo. E, sobre todo, un tesouro que Galicia non pode esquecer.
*
𝐀𝐓𝐄𝐍𝐓𝐀𝐃𝐎 𝐀𝐎 𝐏𝐀𝐓𝐑𝐈𝐌𝐎𝐍𝐈𝐎 𝐍𝐀 𝐈𝐆𝐑𝐄𝐗𝐀 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍 𝐁𝐄𝐍𝐈𝐓𝐎 𝐃𝐄 𝐅𝐄𝐅𝐈Ñ𝐀𝐍𝐒, 𝐂𝐀𝐌𝐁𝐀𝐃𝐎𝐒

A igrexa de San Benito de Fefiñáns, un dos elementos patrimoniais máis destacados de Cambados, sufriu un acto vandálico tras aparecer unha pintada sen sentido nunha das súas fachadas. Este feito supón un grave atentado contra o patrimonio histórico e cultural de todos os cambadeses, ademais de causar un evidente prexuízo á imaxe dun monumento de gran valor para a vila.

Tanto a Policía Local como a Garda Civil están a investigar os feitos para identificar aos posibles responsables deste atentado contra o patrimonio histórico de todos os cambadeses. As forzas de seguridade traballan para esclarecer a autoría dunha acción que deteriora a imaxe dun dos espazos máis recoñecibles do municipio.

Ademais do dano causado ao monumento, estas pintadas implican un custo económico para o Concello, que deberá asumir os traballos de limpeza e restauración necesarios para devolver a fachada ao seu estado habitual. Unha vez localizados os autores, actuarase en consecuencia para esixir as responsabilidades e sancións que correspondan.

Desde distintos ámbitos sociais e institucionais insístese na necesidade de respectar e protexer o patrimonio común, lembrando que a conservación de bens históricos como a igrexa de San Benito de Fefiñáns é unha responsabilidade compartida por toda a cidadanía.

Fonte:
*
A TORRE DO RELOXO DO MONTE DO FACHO
Quintela de Leirado
Alexander de los Ríos Conde (Vía Lethes), asociado

O monte de O Facho, en Quintela de Leirado, conta desde os anos 30 do século pasado cun reloxo de torre, é dicir, unha torre construída especificamente para albergar un reloxo.

Trátase dun dos escasos exemplos de torre do reloxo exenta (sen construcións asociadas) nun monte de España; en Galicia só se coñecen outras dúas: a de San Roque, na Arnoia (provincia de Ourense) e a de Marce, Pantón (Lugo). Esta orixinal obra levouse a cabo grazas ás doazóns dos emigrantes deste concello na Arxentina.

A finais do século XIX e principios do XX a emigración era un fenómeno masivo en Galicia, e Arxentina un dos países que recibiu a máis galegos. Os veciños de Quintela de Leirado emigrados en Buenos Aires, a «quinta provincia galega», decidiron contribuír ao desenvolvemento da súa terra de orixe coa construción dun enorme reloxo.

A razón de optar por esta obra era a necesidade de facilitar a repartición das horas de regadío, motivo de discusións nunha época na que moi poucos veciños tiñan un reloxo de peto ou de pulseira. A Torre do Reloxo xa estaría practicamente finalizada a finais de 1930

Trátase dunha sólida torre de pedra sen máis vans que unha porta. No seu interior atópase a pesada maquinaria de case 150 quilos, que se accionaba manualmente. Está coroada por unha estrutura de ferro na cal se asentou unha campá.

Desde o ano 1992 a Torre do Reloxo de Ou Facho conta con protección patrimonial por parte do Concello de Quintela de Leirado. No 2009 encostóuselle unha estrutura metálica con escaleiras e balcóns a varias alturas, a modo de miradoiro, desde cuxa cima se pode observar unha bonita panorámica de Quintela de Leirado, coa Sierra do Laboreiro e Penagache no horizonte. Tamén se acondicionou un roteiro de sendeirismo que une San Pedro de Leirado coa torre.

A intervención máis recente, e desafortunada, nesta case centenaria e singular Torre do Reloxo foi a instalación de antenas de telefonía móbil sobre ela, quitándolle protagonismo á campá e desvirtuando o seu valor histórico e patrimonial.
*
SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO, ONDE REMATA A TERRA

Unha viaxe cara a un dos confíns máis impresionantes de Europa, alí onde a Serra da Capelada se precipita sobre o Atlántico e onde durante séculos os homes e mulleres creron que se atopaba unha das portas do Alén.

Chegar a Santo André forma parte do propio ritual. A estrada serpentea pola montaña entre breixos, toxos e cabalos en liberdade. O mar aparece e desaparece tras cada curva ata que, de súpeto, a aldea xorde encaixada na aba do monte, co océano ocupando todo o horizonte. O visitante non entra simplemente nun pobo: descende cara a el, coma quen baixa a un lugar apartado do mundo cotián, a un espazo suspendido entre a terra e o mar.

A tradición galega conservou a memoria deste lugar excepcional na coñecida sentenza: “A Santo André de Teixido vai de morto quen non foi de vivo”. Non se trata só dun santuario cristián. Antes da chegada do cristianismo, este extremo da Serra da Capelada xa era probablemente un espazo sagrado vinculado ás crenzas atlánticas sobre a viaxe das almas cara ao occidente, cara ao lugar onde morría o sol e comezaba a eternidade.

Por iso, máis que un simple santuario, Teixido constitúe unha das paisaxes espirituais máis antigas e singulares da Península Ibérica.

Afortunadamente, Santo André segue sendo unha aldea coidada e relativamente ben preservada. Mais o seu elemento máis emblemático, o santuario, merece unha intervención exemplar que lle devolva parte da autenticidade material perdida ao longo do século XX.

Mais o maior reto de Santo André quizais non sexa arquitectónico, senón espiritual. Nun tempo no que tantos lugares históricos sucumben á presión turística, cómpre preguntarse que futuro queremos para este santuario. Santo André non necesita máis turistas. Necesita seguir tendo peregrinos.

A súa forza reside precisamente naquilo que o fai diferente: o camiño, a paisaxe, o silencio, a dimensión humana da aldea e a emoción profunda que produce chegar ata este recuncho extremo de Galicia. Non precisa grandes campañas de promoción nin infraestruturas para milleiros de visitantes diarios. Precisa conservación, respecto e intelixencia.

APATRIGAL's engagement

APATRIGAL's engagement rate on Instagram is 0.61%, under 1%, fewer than 1 like or comment per 100 followers. On a typical post that comes to about 1 like or comment for every 164 followers. Likes outnumber comments by roughly 103 to 1, with 103 likes and 1 comment on an average post, so most reactions are taps rather than replies.

Engagement rate

0.61%

Avg likes
103
Avg comments
1
Interactions : followers
1 : 164

Lookalike Creators

A free account lists creators whose audiences behave like this one, ready to shortlist and compare side by side.

Age & Gender

Unlocking shows how this audience splits across age bands and gender, charted from follower data.

Audience Location

Unlocking reveals the countries and cities where the most active followers of this account are concentrated.

Primary Language

Unlocking shows the languages this audience uses most in comments, interactions and the content it consumes.

Audience Interests

Unlocking lists the topics and categories this audience follows and engages with most often across the platform.

Authenticity

Unlocking scores how genuine the audience is, flagging fake, inactive or bot followers found in engagement patterns.

Audience Quality Score

Unlocking gives one overall audience quality score combining authenticity, engagement, follower activity and audience relevance.

Brand Affinity

Unlocking names the brands this audience already follows, mentions or engages with across social platforms.

Content Strategy

Unlocking breaks down the content pillars, tone and visual style this creator uses, and which formats perform best.

Commercial Insights

Unlocking shows collaboration types, an estimated pricing tier and a brand safety risk read for sponsored campaigns.

Industry Fit

Unlocking rates how well this creator and audience align with specific industry verticals and brand categories.

Research APATRIGAL further

Flinque ranks Instagram creators in Community and Finance, categories APATRIGAL is filed under, and its free tools measure the same figures for any public account.

Frequently asked questions

These answers about APATRIGAL are generated from the Instagram profile data Flinque holds for the account.

Who is APATRIGAL?

APATRIGAL (@apatrigal) is a Community creator on Instagram, also filed under Finance. APATRIGAL uses an Instagram professional account. The Instagram bio for APATRIGAL runs to 12 words across 4 lines.

How many followers does APATRIGAL have?

APATRIGAL has 16,785 followers on Instagram (16.8K). Set against 394 accounts followed, the audience works out to about 43 followers per account APATRIGAL follows. With 6,626 posts published, APATRIGAL's archive runs well past the 2,000 mark.

What is APATRIGAL's engagement rate?

APATRIGAL's engagement rate on Instagram is 0.61%, under 1%, fewer than 1 like or comment per 100 followers. On a typical post that comes to about 1 like or comment for every 164 followers. Likes outnumber comments by roughly 103 to 1, with 103 likes and 1 comment on an average post, so most reactions are taps rather than replies.

What does APATRIGAL post about on Instagram?

Flinque files APATRIGAL under Community, with Finance as a secondary category. Of the 10 most recent posts shown for APATRIGAL, 7 are single images and 3 are carousels. The 10 recent Instagram captions Flinque holds for APATRIGAL repeatedly use the words unha, galicia, máis, valor and deste. APATRIGAL writes those captions mainly in Spanish. The bio tags #Patrimonio, #PatrimonioGalego, #PatrimonioDeGalicia and #PatrimonioCultural. APATRIGAL keeps 3 story highlights, which open with a free Flinque account.

How do I contact APATRIGAL for a collaboration?

APATRIGAL's contact details are not published on Flinque's public profile. The Instagram bio links to 1 external site, and a free Flinque account opens that link. Brands with a free Flinque account can shortlist APATRIGAL and use Flinque's outreach tools wherever a contact route is on file.

APATRIGAL's own Instagram profile is the one outbound link Flinque publishes for the account, and the bio link opens after signing up.

Public profile data sourced from Instagram. Flinque is not affiliated with APATRIGAL.

Unlock APATRIGAL's audience data